A DXT vai endurecer a norma que persegue os condutores que alertan dos controis
A DXT vai endurecer a norma que persegue os condutores que alertan dos controis
A Garda Civil de Tráfico asegura que onde primeiro detectaron este problema foi en Galicia
As sancións hoxe van entre os 600 e os 6.000 euros
Aos poucos minutos de situar un control en calquera estrada do país, saben que a localización exacta do seu posicionamento xa foi publicada nas redes sociais ou difundia vía whastapp. En Galica, xa hai algún tempo que os axentes de tráfico buscaron o modo de atallar este problema.
"Nosoutros en Galicia adapatamos o noso servizo diario á problemática deses avisos nas redes sociais de xente insolidaria que indica a nosa posición. Para combater iso facemos uns controis máis rápidos e máis dinámicos con maior intensidade, para tratar de eludir esa xente que vai mal e ponnos en perigo a todos."., di Héctor Teixeira, axente da Garda Civil de Tráfico.
A DXT ultima a normativa que prohibirá este tipo de avisos. Con todo, dende a Garda Civil advirten de que xa sancionan estas prácticas. Un cambio de luces para informar outro condutor dun control, ou calquera outra indicación co mesmo fin, pode saír caro.
"A sanción, son infraccións catalogadas, dentro da Lei de seguridade cidadá como graves
e van entre os 600 e os 6.000 euros"., explica Teixeira.
Tamén hai cambios acordados na taxa de alcol, que entrarán en vigor o ano próximo.
"A taxa pasará a ser 0,10 en aire aspirado, 0,20 en sangue, que supón unha rebaixa importante que se agarda que axude a concienciar máis a xente".
Teixeira insiste en que a taxa desexable ao volante é a de cero, cero.