Xa se pode descargar o Bono Comercio, con descontos de ata 30 euros en compras
Xa se pode descargar o Bono Comercio, con descontos de ata 30 euros en compras
A Xunta destina 2,5 millóns de euros a esta liña de axudas coa que pretende dinamizar o comercio local
Poden descargar os bonos na web www.bonosactivacomercio.gal
A Xunta lanza unha nova convocatoria do Bono Activa Comercio, con descontos de ata 30 euros para gastar en negocios locais.
O Goberno galego destina 2,5 millóns de euros a esta liña de axudas, coa que espera mobilizar "máis de 8,5 millóns", entre o gasto público e o que fan os consumidores.
Cada usuario poderá descargar un único bono, que constará dun código QR.
Os bonos permitirán descontar ata 30 euros en compras: rebaixaranlles cinco euros se mercan entre vinte e trinta; dez euros se gastan entre trinta e cincuenta, e quince euros no caso de que a compra supere os cincuenta.
A primeira hora da mañá máis de setenta mil persoas xa tiñan descargado o seu Bono Activa Comercio da Xunta. Unha iniciativa que pretende mobilizar máis de doce millóns de euros en vendas nun mes de novembro que adoita ser complicado para os comerciantes.
José González Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración dixo na presentación que "estamos traballando na estratexia do comercio 2025-2030 e imos seguir mantendo os bonos comercio como un mecanismo de incentivación do consumo no comercio polo miúdo".
Desde que se puxo a andar esta iniciativa en 2021, mobilizáronse no sector máis de 77 millóns de euros. Na última edición descargáronse case 300.000 códigos QR e mobilizáronse ao redor de 12 millóns en compras.
Poden descargar o Bono Comercio desde este luns 4 de novembro na web www.bonosactivacomercio.gal.