A mítica confeitería Glaccé segue á venda tras sesenta anos de tradición
A mítica confeitería Glaccé segue á venda tras sesenta anos de tradición
Reabriu este venres sen saber se aparecerá un comprador que lle dea continuidade ao doce negocio
Tras pechar por vacacións, a confeitería Glaccé, próxima á praza de Vigo, na Coruña, reabriu este venres. "Vou levarlle un boliño ao meu neto".
Con todo, levantaron a reixa cunha incógnita. Por canto tempo...? Porque o negocio familiar, que o próximo 4 de decembro fará 60 anos, está á venda. "Xa vai sendo hora de que se xubilen. Comezaron a traballar moi novos. E non hai outra opción", di Silvia María Gómez Mella, dependenta e neta da fundadora da confeitería.
Unha opción que vén cargada de moita mágoa, tanto para os devotos dos seus produtos e clientes fieis... "Dá moita pena porque se perde unha tradición".
Tamén mágoa para os propietarios. "Claro, porque son receitas naturais, todo feitos con materia prima de primeira calidade... É unha pena", engade Silvia.
Porén, os seus saborosos produtos poderían seguir nos mesmos estantes se aparecese un comprador do sector da hostalería, porque a venda deste doce negocio familiar inclúe tamén o segredo das súas receitas. "As receitas regálanas e tamén lles aprenden a facer os produtos. E oxalá apareza alguén e que poida continuar".
E continuar tamén as tradicionais ringleiras de horas e horas agardando para facerse coa típica rosca de Reis.