Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda considera que a viaxe ao Brasil impulsa as relacións comerciais co país

Rueda considera que a viaxe ao Brasil impulsa as relacións comerciais co país

O presidente da Xunta asegura que tamén permitiu reforzar os lazos coa colectividade galega

G24.gal 24/11/2024 17:27

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, amosou a súa satisfacción tras a viaxe polo Brasil que permitiu "tender novas pontes" comerciais de colaboración e estreitar lazos coa colectividade galega que reside no país.

"Foron catro días intensos e ben aproveitados. Tiñamos dobre motivo: un económico e, outro, atender os 50.000 galegos que viven no Brasil", explicou Rueda.

No ámbito institucional, destacou as reunións que mantivo con empresas e institucións brasileiras e galegas.

Durante a viaxe, reuniuse coa Federación de Industrias do Estado de San Paulo, a empresa Russula Gerdau e a Associaçao Brasileira de Empresarios Galegos (Abegal) en Río de Xaneiro.

Os encontros, detallou a Xunta, serviron para "contribuír a intensificar" a presenza de empresas da comunidade en territorio brasileiro, axudando ás que queiran posicionarse" nun mercado con máis de "200 millóns de potenciais consumidores".

Vantaxes de Galicia

A viaxe, remarcou Rueda, permitiulle transmitirlles a posibles investidores as vantaxes que ofrece Galicia, subliñando que as empresas brasileiras que queiran vender os seus produtos en Europa teñen en Galicia "unha magnífica porta de entrada".

Ademais, puido comprobar a fortaleza das comunidades galegas no exterior a través dos centros e entidades que hai por todo o Brasil e nos que queda patente que a colectividade mantén "un contacto moi directo" coa súa terra natal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade