Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ocúpanlle a casa e véndenlle os piñeiros do bosque da propiedade en Negueira de Muñiz

Ocúpanlle a casa e véndenlle os piñeiros do bosque da propiedade en Negueira de Muñiz

A madeira que cortaron e venderon en Negueira de Muñiz os ocupas
G24.gal 03/11/2024 21:16

Esta é a casa familiar de Barcela, en Negueira de Muñiz, na que naceron e se criaron Sofía e os seus irmáns. Cando se fixo o encoro trasladáronse á Terra Chá e, malia que seguían coidando do inmoble, hai once anos ocupáronlla dous homes que son irmáns.

Daquela, Sofía denunciou a ocupación, pero estes irmáns, segundo nos conta, conseguiron empadroarse na aldea, que non na casa. Agora, di Sofía, estes irmáns venderon a madeira dos montes de mancomún que pertencen á casa.

En total a casa ten 190 hectáreas en montes veciñais, e polo de agora pincharon o dez por cento da extensión, que se valora nuns catrocentos mil euros. Segundo Sofía, o madeirista que mercou os piñeiros é de Cantabria, e o traslado da leña estaríase facendo pola parte asturiana do monte.

Postos en contacto cos irmáns, non quixeron darnos a súa versión dos feitos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar