Publicador de contidos
Publicador de contidos

Desaloxado o edificio ocupado do centro de Ribeira

Desaloxado o edificio ocupado do centro de Ribeira

O edificio, propiedade da Sareb, levaba uns cinco con ocupantes ilegais

Os veciños respiran aliviados tras o desaloxo 

G24.gal 12/11/2024 15:08

Pelexas, drogas, insalubridade... Son os problemas que dende hai tempo denunciaban os veciños das Abesadas, en Ribeira. Todo por culpa dun edificio onde vivían varios ocupantes ilegais, que constantemente protagonizan incidentes e conflitos.

Este martes, por orde xudicial, un amplo operativo policial despregouse no inmoble para botar todos os inquilinos ilegais. Os axentes estiveron acompañados da comitiva xudicial e de representantes da Sareb, propietaria das vivendas.

O desaloxo realizouse sen altercados e con moita tranquilidade e este martes só saíron tres persoas que ocupaban as vivendas. 14 persoas identificadas pola Policía Nacional antes do desaloxo, tan só unha solicitou axuda. 

Tras o desaloxo, o sentir era o mesmo neste barrio de Ribeira: alivio de poñer fin a case 5 anos de calvario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade