Un incendio nun piso en Ribeira deixa unha persoa afectada por inhalación de fume e un bombeiro ferido por un golpe
Un incendio nun piso en Ribeira deixa unha persoa afectada por inhalación de fume e un bombeiro ferido por un golpe
Un incendio nun piso en Ribeira deixa unha persoa afectada por inhalación de fume e un bombeiro ferido por un golpe
O lume destruíu por completo a vivenda onde se orixinou e provocou danos noutros dous pisos do edificio
Un incendio ocorrido de madrugada nun piso do municipio de Ribeira deixou unha persoa afectada por inhalación de fume e un bombeiro ferido por un golpe no peito. Ambos os dous foron evacuados en ambulancia ao Hospital do Barbanza.
Segundo informa o 112 Galicia, pasados uns minutos das 3:30 horas desta madrugada, un particular alertou a emerxencias dun incendio nun piso situado na praza da Lonxa, en Ribeira. O propio alertador avisou os veciños, que saíron rapidamente á rúa.
De inmediato, o 112 Galicia solicitou a colaboración do 061, Bombeiros de Boiro e Ribeira e dos axentes da Policía Nacional, que se desprazaron ata o lugar do incidente.
Ao chegar, os equipos de emerxencias confirmaron que o incendio estaba localizado nun dos pisos do cuarto nivel do edificio, de seis alturas. Nese momento, non podían concretar se había persoas no interior.
Pouco antes das 4:30 horas, deuse o lume por apagado. O incendio destruíu por completo a vivenda onde se orixinou, onde había unha gran cantidade de material acumulado. Ao mesmo tempo, varios pisos máis resultaron afectados: un encheuse de fume e o de abaixo asolagouse durante as tarefas de extinción.
Os servizos sanitarios trasladaron unha persoa que se atopaba no interior do piso afectado por inhalación de fume, á vez que un bombeiro tivo que ser evacuado ao hospital tras sufrir un forte golpe no peito mentres traballaba.