Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre unha muller no incendio dunha vivenda en Madrid

Morre unha muller no incendio dunha vivenda en Madrid

Á muller realizáronlle manobras de reanimación cardipulmonar no mesmo lugar do suceso, pero finalmente faleceu

G24.gal 11/11/2024 10:07

Unha muller morreu no incendio rexistrado nunha vivenda dun edificio de 13 plantas do distrito madrileño de Fuencarral.

O Samur confirmou o falecemento da muller, á que se practicaron manobras de recuperación cardiopulmonar.

O incendio ocorreu no andar 11 do edificio, o único afectado polas lapas. Oito dotacións de bombeiros participaron na extinción do lume e evacuación do edificio.

Os veciños das plantas inferiores á do lugar do incendio desaloxaron polas escaleiras e os das superiores subiron á azotea.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar