Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan se o incendio no Auditorio Rocío Jurado de Sevilla foi intencionado

Investigan se o incendio no Auditorio Rocío Jurado de Sevilla foi intencionado

O lume comezou este sábado nun edificio anexo de oficinas e quedou extinguido á medianoite

Un bombeiro durante a extinción do lume. Europa Press/Joaquin Corchero
G24.gal 01/12/2024 09:58 Última actualización 01/12/2024 11:56

Efectivos dos Bombeiros de Sevilla extinguiron pasada a medianoite o incendio declarado ás 20:05 horas deste sábado nun edificio de oficinas anexo ao Auditorio Rocío Jurado, na Illa da Cartuxa, no que non se rexistraron danos persoais.

A Policía fíxose cargo das investigacións para esclarecer as causas do lume que, segundo o Concello de Sevilla, podería ser intencionado.

Os bombeiros tentaron evitar que as lapas se estendesen ao auditorio pero, segundo o servizo de emerxencias, ao final danaron parte das instalacións. Nos primeiros momentos, o intenso fume chegou ao centro da cidade e a Triana.

Este auditorio, que volveu ser de titularidade municipal hai pouco tras a quebra da empresa que o rexentaba e logo dun longo proceso xudicial, leva en desuso máis de dous anos. Neste tempo, o recinto foi obxecto de varios actos vandálicos, sobre todo, o edificio que ardeu.

Imaxe do auditorio durante o incendio. EFE/Raúl Caro Imaxe do auditorio durante o incendio. EFE/Raúl Caro
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar