Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un raio ocasiona un incendio nas tubaxes dun depósito de gas en Boiro

Un raio ocasiona un incendio nas tubaxes dun depósito de gas en Boiro

As chamas empezaron ás 08:10 horas nunha nave no polígono de Espiñeira, sen que se rexistrasen danos persoais e sen que se entendese o lume 

G24.gal 01/12/2024 10:40

En Boiro, un raio caeu este domingo preto das tubaxes dun depósito de gas en Boiro e provocou un incendio, segundo informa o 112.

As chamas empezaron ás 08:10 horas nunha nave no polígono de Espiñeira, sen que se rexistrasen danos persoais. Protección Civil informou de que cortaron rapidamente o acceso de gas nas tubaxes e o lume non se chegou a estender ata o depósito, que está próximo, polo que os bombeiros puideron apagar as lapas axiña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade