Intensifican a busca do condutor fuxido dun accidente en que morreu a súa muller en Granada
Intensifican a busca do condutor fuxido dun accidente en que morreu a súa muller en Granada
O home tiña unha orde de afastamento da vítima ata 2025
Intensifícase a busca do condutor fuxido en Granada dun accidente en que morreu a súa muller e quedaron feridos os tres fillos da parella.
Ela estaba dentro do programa de seguimento VioGén, e o fuxido, de permiso penitenciario, tiña unha orde de afastamento da falecida, en vigor ata 2025.
A nai da vítima asegura que a súa filla vivía atemorizada. Di que "sempre a buscaba por todos os lados. Eu sempre lle dicía que o deixase, pero ela contestábame que non podía. Tiña medo a que a matase".
O accidente ocorreu a dous quilómetros da localidade de Guadahortuna preto das tres da mañá do sábado. Do condutor non hai rastro. Abandonou o coche deixando a muller, de 37 anos, morta e tres menores feridos, que se recuperan na casa da avoa.
A autopsia revela que a muller morreu por lesións compatibles co accidente. Na investigación todas as hipóteses están abertas, á espera de que se localice o fuxido.