A Xunta elaborará un protocolo específico de atención a mulleres con discapacidade que sofren violencia machista
A Xunta elaborará un protocolo específico de atención a mulleres con discapacidade que sofren violencia machista
A Xunta elaborará un protocolo específico de atención a mulleres con discapacidade que sofren violencia machista
A conselleira de Política Social dixo que traballan para que estea listo en 2025
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, avanzou que a Xunta traballa para ter listo en 2025 un protocolo específico para a atención de mulleres con discapacidade que sofren violencia de xénero. O anuncio fíxoo no acto institucional organizado por Cermi Galicia na Cidade da Cultura con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
"Queremos rematar dunha vez por todas con esa invisibilidade que sofren as mulleres con discapacidade que son vítimas de violencia de xénero porque queremos continuar deseñando medidas que son específicas. É necesario establecer pautas concretas. Hai que seguir avanzando na prevención, detección e na atención axeitada de todas estas mulleres", dixo Fabiola García, conselleira de Política Social.
A conselleira, reiterou o compromiso da Xunta coa atención ás persoas con discapacidade, un traballo que "non sería posible se non se contase coas entidades sociais como grandes aliadas" para velar polo benestar "as 24 horas e os 365 días do ano".
Coa meta de "seguir avanzando cara a unha Galicia máis xusta e inclusiva", García tamén sinalou que en 2025 poñeranse en marcha novas prazas públicas, entre as que destacou a creación dunha residencia para persoas con trastornos do espectro autista en Friol.
Outro dos aspectos resaltados pola conselleira foi a ampliación da rede de atención temperá, que atende na actualidade máis de 5.000 nenos.