Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prisión provisional para o acusado de matar o fillo da súa parella en Linares

Prisión provisional para o acusado de matar o fillo da súa parella en Linares

Tamén está a ser investigado por ferir o irmán xemelgo do neno, de dous anos

Cristian é a novena vítima por violencia vicaria no que vai de ano en España

Vista da sede xudicial de Linares. EFE/Carlos Cid Vista da sede xudicial de Linares. EFE/Carlos Cid
G24.gal 01/12/2024 15:56 Última actualización 01/12/2024 16:25

O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Linares (Xaén) ordenou este domingo o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza do home acusado de matar o fillo da súa parella, de dous anos, e ferir o seu irmán xemelgo o pasado xoves.

A este home impútanselle os delitos de asasinato, dous de malos tratos infantís, un de malos tratos no ámbito da violencia de xénero, un de malos tratos e violencia habitual e un de ameazas, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía (TSXA).

Durante a súa comparecencia xudicial, o detido acolleuse ao dereito constitucional de non declarar. A Xunta de Andalucía asumiu a tutela temporal de Jeray, o irmán xemelgo de Cristian, o neno asasinado que foi enterrado este xoves en Linares.

A Unidade de Atención á Familia e á Muller (UFAM) da Policía tomoulle este venres declaración á nai como vítima de violencia de xénero.

A muller, que ten outros tres fillos e retiróuselle a tutela de dous deles, foi usuaria dos servizos sociais municipais hai varios anos, aínda que acabou declinando a asistencia.

Cristian é a novena vítima por violencia vicaria no que vai de ano en España e a número 62 desde que hai rexistros, no 2013.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade