Publicador de contidos
Publicador de contidos

O "teatro" dos gardas civís no despacho de Aldama en Madrid

O "teatro" dos gardas civís no despacho de Aldama en Madrid

Un axente confirma que o comandante investigado, Rubén Villalba, lle pedía teléfonos de forma constante 

Feijóo di que Sánchez mentiu máis ca Aldama 

O comandante da Garda Civil Rubén Villalba está imputado no caso Koldo
G24.gal 03/12/2024 14:28

Novas revelacións no caso Koldo. Un garda civil confirma na Audiencia Nacional que o comandante investigado pedíalle teléfonos de forma constante. Segundo revelou, el mercábaos e entregáballos a Rubén Villalba, agora imputado. Pagáballe por eles desde 20 euros polos máis baratos ata os 300 euros dos máis caros. Moitos deses terminais, segundo o informe da UCO, acabaron nas mans de Víctor de Aldama, o nexo corruptor.

Os axentes dixéronlle ao xuíz que mesmo chegaron a facer labores de "contravixilancia" no seu despacho en Madrid. Foi en realidade "un teatro", para que Aldama "se sentise seguro". Aseguran que só cumprían ordes e que non tiñan medios para comprobar se había micrófonos ocultos. 

Estas comparecencias tentan aclarar ata onde chegaban os tentáculos de Koldo e Aldama na Garda Civil. Unha investigación paralela a que se leva no Supremo, onde serán interrogados a mediados de mes. Antes farao o exministro Ábalos. 

A relación Koldo, Aldama, Abalos, a xuízo do presidente de Castela-A Mancha, Emiliano García Page, debería preocupar os socialistas porque ten "aspecto de bomba de acio".

Feijóo agarda acontecementos. Non pon a man no lume por Aldama, pero sostén que é "seguro que mentiu menos co presidente do Goberno". E evita confirmar cando chamará a Sánchez a declarar no Senado. Farémolo, dixo, "cando nos interese a nós". O PP descarta, de momento, a moción de censura. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade