Cargando resultados...
A néboa do alto do Fiouco, un crebacabezas sen solución nunha década
A néboa do alto do Fiouco, un crebacabezas sen solución nunha década
Desde 2014 ata 2021 ese tramo da autovía do Cantábrico estivo pechado 3.281 horas, un total de 137 días
Fomento aprobou instalar un novo sistema de balizas láser, pero non hai data para a súa instalación
G24.gal
26/10/2024 15:30
Última actualización 25/10/2024 20:44
Unha década despois de entrar en funcionamento a autovía do Cantábrico, segue sen haber unha solución definitiva á néboa no alto do Fiouco.
Tras múltiples intentos sen resultado, Fomento encargou un novo sistema de balizas láser para reducir a perigosidade no tramo. Pero aínda non hai data para instalalo.
Desde que se inaugurou, en 2014, ata 2021, o treito do Fiouco estivo pechado 3.281 horas. Sumadas son 137 días. Cinco meses en sete anos, algo insólito na rede viaria española.