PSOE e DO facilitan coa súa abstención a aprobación dos presupostos da Deputación de Ourense
PSOE e DO facilitan coa súa abstención a aprobación dos presupostos da Deputación de Ourense
Ascenden a 105 millóns de euros, un 9 % máis ca no anterior exercicio
A abstención dos deputados provinciais de PSOE e Democracia Ourensá facilitou este venres a aprobación dos orzamentos para 2025 da Deputación de Ourense, que ascenden a 105 millóns de euros, un 9 % máis ca no anterior exercicio.
O Goberno provincial que integra o PP en minoría e que está encabezado polo presidente ourensán, Luis Menor, logrou sacar adiante as contas grazas á abstención de socialistas e o partido do alcalde da Cidade das Burgas, Gonzalo Pérez Jácome.
O BNG, que presentou unha emenda á totalidade dos orzamentos, foi o único grupo que votou en contra. A pesar de permitir coa súa postura que os orzamentos fosen adiante, PSOE e DO expresaron as súas críticas á configuración das contas, que os primeiros ven carentes de iniciativa para "impulsar" a provincia e afrontar o declive demográfico e os segundos consideran continuístas.