Xunta e Deputación de Ourense cofinanciarán a xestión da Estación de Manzaneda
Xunta e Deputación de Ourense cofinanciarán a xestión da Estación de Manzaneda
Alfonso Rueda e Luis Menor acordan colaborar en proxectos par impulsar a economía da provincia e mellorar as infraestruturas
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse este mércores co presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, no marco dos encontros que está mantendo o xefe do Goberno galego tras a súa toma de posesión.
Rueda e Menor acordaron reforzar a colaboración en varios proxectos para impulsar a economía da provincia e mellorar as infraestruturas.
O xefe do Goberno galego e o presidente da Deputación acordaron liquidar a débeda da Estación de Manzaneda e achegar cada ano 800.000 euros para impulsar o seu uso máis aló do inverno.
Tamén anunciaron que colaborarán para implantar o transporte metropolitano en Ourense, crear unha cidade deportiva en San Cibrao das Viñas e ampliar o solo empresarial na contorna da capital, ademais de mellorar as infraestruturas viarias da provincia.
Alfonso Rueda e Luis Menor aseguraron que seguirán traballando xuntos na loita contra os incendios forestais e axudando aos regantes da Limia.
Os presidentes de Xunta e Deputación reivindicaron que a boa relación entre as administracións redundará en beneficio dos veciños.