Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rescatan os catro tripulantes tras o naufraxio dun barco preto de Cedeira

Rescatan os catro tripulantes tras o naufraxio dun barco preto de Cedeira

Os mariñeiros estaban na balsa salvavidas

O buque sufriu unha vía de auga a 1,3 millas de Punta Candieira

 

Imaxe de Salvamento Marítimo do pesqueiro El Cañavera semiafundido Imaxe de Salvamento Marítimo do pesqueiro El Cañavera semiafundido
G24.gal 25/11/2024 18:27

Os catro tripulantes do barco El Cañaveral foron rescatados do naufraxio fronte ás costas de Cedeira, segundo nformou este luns o servizo de Salvamento Marítimo.

Foron os propios tripulantes do pesqueiro os que deron a voz de alarma indicando que sufrían unha vía de auga e que se estaban afundindo a 1,3 millas de Punta Candieira.

O Centro de Coordinación de Salvamento de Fisterra mobilizou o helicóptero Helimer 401, así como a Salvamar Shaula e unha embarcación de Cruz Vermella. Con todo, o pesqueiro Brisas de Cedeira, que se atopaba na zona, localizou a balsa cos mariñeiros e foi quen os rescatou.

Imaxe de Salvamento Marítimo da balsa onde estaban os mariñeiros Imaxe de Salvamento Marítimo da balsa onde estaban os mariñeiros

O Brisas de Cedeira trasladou os catro mariñeiros ao porto de Cedeira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade