O cadáver rescatado en Mar de Fóra podería ser da rapaza de 14 anos de Ordes que estaba desaparecida
O cadáver rescatado en Mar de Fóra podería ser da rapaza de 14 anos de Ordes que estaba desaparecida
O cadáver rescatado en Mar de Fóra podería ser da rapaza de 14 anos de Ordes que estaba desaparecida
O corpo foi localizado por un pesqueiro que traballaba na zona e trasladado a terra por unha embarcación de Salvamento
Polas súas características e vestimenta, podería tratase da menor de Ordes desaparecida
Todo apunta a que o cadáver localizado no mar en Fisterra é o da rapaza de 14 anos natural de Ordes que levaba máis dunha semana desaparecida.
O cadáver atopouno un pesqueiro que traballaba na zona sobre as 9,40 horas da mañá a 1,5 millas da praia de Mar de Fóra, o lugar no que se lle perdeu a pista da moza hai máis dunha semana.
Unha embarcación de Salvamento Marítimo trasladou o corpo a porto e dende alí levárono ao Instituto de Medicina Legal para realizarlle a autopsia e confirmar a identidade.
A falta de confirmación da identidade, polas características e a vestimenta podería tratase da menor de 14 anos de Ordes.
A familia da menor denunciou o martes 22 a súa desaparición, despois de que non regresara á casa do instituto.
As investigacións e a localización do seu teléfono permitiron determinar que ese día se desprazou en autobús a Santiago e, desde alí, a Fisterra, onde mantivo contacto telefónico con amigas.