Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen dúas persoas en Cedeira por instalar seis plantas de marihuana nun invernadoiro

Deteñen dúas persoas en Cedeira por instalar seis plantas de marihuana nun invernadoiro

Unha denuncia anónima permitiu á Garda Civil dar coa plantación e cos seus responsables

O material incautado estaba en "plena floración" e deu un peso de 2.230 gramos "tras retirarlles os talos e as raíces"

G24.gal 04/10/2024 10:03

Dúas persoas foron detidas en Cedeira como supostos autores dun delito contra a saúde pública tras unha denuncia anónima pola instalación dun invernadoiro de marihuana, informou este venres a Garda Civil.

O Instituto Armado iniciou as pescudas logo de que a través dunha "comunicación cidadá" alertasen da "posible existencia dunha plantación de marihuana, con exemplares de porte medio, no interior dun invernadoiro".

A investigación para "constatar a veracidade da información recibida" permitiu "localizar a suposta plantación" e identificar o seus responsables, dou veciños da vila.

Os axentes comprobaron que no interior había seis plantas de marihuana, duns 160 centímetros de altura e con "abundantes ramificacións", que estaban "en plena floración", polo que incautaron ese material.

Desde a Garda Civil informan de que na báscula deu un peso de 2.230 gramos "tras retirarlles os talos e as raíces"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade