Publicador de contidos
Publicador de contidos

O xabaril causa importantes estragos a carón dun parque infantil de Cedeira

O xabaril causa importantes estragos a carón dun parque infantil de Cedeira

Os cazadores van realizar unha batida para tratar de levalos cara ao monte

G24.gal 12/09/2024 13:54

O xabaril estivo fozando nas últimas horas a carón dun parque infantil de Cedeira e a escasos metros do paseo marítimo.

"Levantou todo". "Os xardineiros non dan feito. Veñen tapar e, ao día seguinte, atopan outra vez todo estragado".

Contan os veciños que se trata dunha manda de xabarís, que campan ás súas anchas, sen medo a nada nin a ninguén.

"A nós xa nos viñeron a diante da casa varias veces". "Agora póñenlles uns arames, pero eles sempre atopan oco para poder entrar".

Porén para rematar con esta situación, os cazadores decidiron organizar unha batida con cans.

"Van tratar de levalos cara ao monte. Policía Local e Protección Civil imos cortar a estrada que une Cedeira con Ferrol para evitar calquera posible accidente", explica Alberto Díaz Gacía, o xefe da Policía Local de Cedeira.

Falta por concretar a hora, pero a batida será este sábado pola mañá.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar