Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pechan o acceso ao monte da Toxa por culpa dunha familia de xabarís

Pechan o acceso ao monte da Toxa por culpa dunha familia de xabarís

A nai, que ten cinco crías, xa agrediu algún paseante

Medio Ambiente vai instalar trampas para tentar coller os animais

G24.gal 04/11/2024 14:17

O Monte Central da Toxa ocupa máis de 200.000 metros cadrados na illa, e é unha área de lecer moi frecuentada por locais e visitantes. Hoxe o concello ten que disuadilos de atravesar a zona: teñen todos os accesos pechados para evitar riscos cunha manda de xabarís que se instalou no parque. 

Cren que pode haber un macho, e saben que hai unha nai con cinco crías. Os que a viron, como Anxo Rei, saben tamén que pode ser agresiva. "Sentín un ruído, como un berro, que viña do monte -relata-, e logo vin un xabaril que saía cara min pola beirarrúa".

Di que o animal achegábase "nunha actitude agresiva", pero como as crías fuxiron polo monte, a nai foi tras delas e a cousa non pasou a maiores.

Peor sorte tivo outro veciño ao día seguinte. "Estaba paseando coa cadela" explica Rei, "e díxome que o atacara un xabaril, que tiña crías". A cadela quedou ferida e o dono librouse porque puido coller un pau para espantar o xabaril.

Outra muller levou unha fociñada, así que a zona permanecerá pechada ata que consigan coller os animais. Tentarán facelo con trampas, porque, ao tratarse de solo urbano, non poden abatelos. Técnicos de Medio Ambiente inspeccionaron a zona para ver onde van colocalas, e a previsión é que instalen esas gaiolas nos próximos días. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar