Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os xabarís volven ás rúas da Coruña pola Zapateira e Elviña e un deles foi capturado

Os xabarís volven ás rúas da Coruña pola Zapateira e Elviña e un deles foi capturado

Os veciños alertaran da presenza dunha manda de porcos bravos na zona

G24.gal 20/10/2024 21:05

A dos xabarís meténdose nas cidades non é unha noticia nova, pero na Coruña había unha temporada que non daban sinais de vida. Ata hai uns días, cando unha manda foi avistada na zona da Zapateira e posteriormente no barrio de Elviña.

A Policía Local recibiu as primeiras chamadas de alerta ás seis da mañá. Varios veciños víronos, entre outros puntos, nas avenidas de Alfonso Molina e Salgado Torres, dúas vías de tráfico intenso. Un dos exemplares adultos foi acurralado e capturado despois de recibir o impacto de varios dardos tranquilizantes. 

"Eu téñolles medo. E eu non son medorenta, que nacín na aldea e sei ben como é". "Eu non quero bater con el, se bato con el xa me mata", comentan dúas veciñas.

O animal foi sacrificado, como sucedeu cos tres porcos bravos capturados o outono do ano pasado na Escola de Imaxe e Son de Someso. Hai un ano, o Concello da Coruña e a Xunta asinaron un acordo para controlar os xabarís na contorna urbana. O pacto inclúe a colocación de gaiolas e segue vixente.

"Se botas a correr igual el corre detrás túa, e se quedas parado sabe Deus, pode facerche moito mal". "Intentaría cruzar para o outro lado porque sei que son perigosos e que non se pode tocar as crías porque morden duro". "Se son pequenos aínda menos mal, pero se son grandes ao mellor hai que subir a unha árbore".

Piden máis medidas para non verse nunca na tesitura de ter que escapar dun xabaril.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos