Publicador de contidos
Publicador de contidos

A xustiza confirma o despedimento dun obreiro pola súa conduta violenta

A xustiza confirma o despedimento dun obreiro pola súa conduta violenta

Despedírono tras varios episodios nos que se ausentou do traballo, provocou enfrontamentos e ameazou compañeiros: "Voute matar. Sae fóra"

A empresa deulle varias oportunidades, nas plantas de Bergondo e de Cedeira, e mesmo tentou negociar a súa marcha sen éxito

G24.gal 18/09/2024 13:49

Confírmase en Cedeira o despedimento do obreiro que ía traballar drogado e cunha conduta violenta. Non ocorreu unha vez, nin dúas..., marchaba do traballo varias veces na mañá. Algunhas, xa nin volvía. E houbo varios episodios de berros, de música a todo volume e mesmo de ameazas a compañeiros.

Un día ameazou con queimar a nave. Noutra ocasión, con matar un compañeiro. Déronlle varias oportunidades, pero foi imposible. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirma que o despedimento é procedente. Traballou nas plantas de Bergondo e de Cedeira dunha empresa de envasado de peixe. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade