Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Audiencia de Ourense rectifica e condena a 10 anos de cadea o mozo de Nerea Añel

A Audiencia de Ourense rectifica e condena a 10 anos de cadea o mozo de Nerea Añel

A sentenza da Audiencia Provincial de Ourense chega 5 meses despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarara nula a primeira sentenza

A pena é por un delito de homicidio por omisión

 

G24.gal 04/11/2024 15:52 Última actualización 04/11/2024 16:13

A Audiencia Provincial de Ourense condenou, como autor responsable dun delito de homicidio por omisión, a 10 anos de prisión ao acusado de matar, en xaneiro de 2020 na localidade de Barbadás, á súa parella, Nerea Añel, cuxo corpo foi localizado oito meses despois no leito dun río.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarou o pasado mes de xuño nula a primeira sentenza emitida pola Audiencia Provincial, por alcanzar “unha conclusión diferente á emitida polos xurados, que atenderan a tese acusatoria”, polo que ordenou retrotraer as actuacións ao momento anterior a que se ditara a resolución, para que se ditase outra, de conformidade co veredicto de culpabilidade emitido polo xurado, que entendeu que o falecemento da vítima se producira pola omisión de auxilio do investigado.

Na resolución facilitada este luns, o maxistrado presidente do Tribunal do Xurado indica que o acusado, tal e como se considerou probado na acta do veredicto, “atopábase presente no momento no que se produciu o traumatismo cranioencefálico vertebral da vítima e non lle prestou a asistencia necesaria para evitar o seu falecemento”.

Desta forma, entendeu acreditado que o falecemento de Nerea Añel, que tiña 26 anos, “foi provocado pola falta de asistencia que debeu prestarlle a súa parella despois de producirse a súa caída nun punto non determinado”.

O xurado asume, desta forma, a tese sostida polos médicos forenses de que as lesións que presentaba Nerea Añel foron consecuencia dunha caída por precipitación, que estiman predominantemente accidental.

A sentenza non é firme, pois contra ela cabe presentar recurso de apelación ante o TSXG.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade