Gloria, filla do carniceiro que mataron en Santiago: "Que se faga xustiza, non poden quedar impunes"

Visiblemente afectada e con bágoas na cara, destacou que quere dicirlles que acabaron coa súa vida e coa vida de toda a familia
A maxistrada do Xulgado de Instrución número uno de Santiago decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, das dúas persoas detidas polo crime do dono dunha carnicería na praza de abastos
Tamén saíu do hospital o vixilante de seguridade que presenciou os feitos e cuxo testemuño, xunto coa autopsia de Costa, será clave para esclarecer esta tráxica morte.
Ás portas do xulgado permaneceu Gloria, a filla de falecido, que falou para a Televisión de Galicia. Afirmou que está alí porque quere que se faga xustiza e quere verlles a cara.
Visiblemente afectada e con bágoas na cara, destacou que quere dicirlles que acabaron coa súa vida e coa vida de toda a familia. Manifestou que son momentos moi difíciles e que teñen unha pena moi grande.
Sobre o seu pai, Gloria dixo que era unha persoa traballadora, xenerosa e amiga dos seus amigos.