Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido un home acusado de matar cunha arma branca un mozo de 21 anos en Ourense

Detido un home acusado de matar cunha arma branca un mozo de 21 anos en Ourense

Os feitos producíronse sobre a 02:00 horas deste venres na rúa Pizarro, na zona centro

G24.gal 29/11/2024 13:46 Última actualización 29/11/2024 14:25

A Policía Nacional de Ourense confirmou a detención dun home como presunto autor da morte dun mozo de 21 anos cunha arma branca na zona coñecida como Os Viños, no centro histórico de Ourense.

 

Segundo informaron fontes coñecedoras do suceso, os feitos producíronse sobre a 02:00 horas deste venres na rúa Pizarro, despois dun suposto enfrontamento mantido entre ambos previamente no interior dun local de lecer nocturno na cidade.

Ata o punto desprazáronse os profesionais sanitarios que trasladaron ao mozo ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), aínda que non puideron facer nada por salvarlle a vida.

A Policía Nacional iniciou unha investigación que se saldou coa detención dunha persoa preto do paseo do río Barbaña pouco despois do ocorrido, un home duns 40 anos, grazas á descrición de varias testemuñas, como presunto autor dos feitos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade