Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nove de cada dez anuncios publicitarios de alimentos para menores son de produtos pouco saudables

Nove de cada dez anuncios publicitarios de alimentos para menores son de produtos pouco saudables

A Plataforma de Infancia avoga por desenvolver unha normativa específica e eficaz que regule a publicidade de alimentos dirixidos a nenos e adolescentes

A obesidade é na actualidade un dos principais problemas de saúde pública

G24.gal 10/08/2024 21:15

A obesidade é na actualidade un dos principais problemas de saúde pública e cada vez é máis frecuente na infancia e na adolescencia.

Nove de cada dez anuncios publicitarios de alimentos dirixidos a menores son de produtos pouco saudables: alimentos ultraprocesados, ricos en graxas saturadas e azucres refinados. O seu consumo aumenta o risco de padecer obesidade, diabetes, hipertensión arterial ou colesterol elevado. E a evidencia científica parece clara, canta máis publicidade de alimentos non saudables, maior é o seu consumo, sobre todo na infancia e na adolescencia.

"É un dato alarmante porque a publicidade ten unha influencia moi importante no que consumimos fundamentalmente nos grupos máis vulnerables, como nenos e adolescentes que ademais están adquirindo os seus hábitos alimentarios, por tanto que nove de cada dez alimentos que se publiciten para eles sexan non saudables pois indica que estamos nunha sociedade xeradora de obesidade", di Rosaura Leis, catedrática de pediatría da USC e coordinadora da Unidade de gastroenteroloxía e nutrición pediátrica do CHUS

De aí que a Plataforma de Infancia (Plataforma de Organizacións de Infancia) avogue por desenvolver unha normativa específica e eficaz que regule a publicidade de alimentos dirixidos aos menores e estableza sancións. Actualmente non existe unha normativa específica para este tipo de publicidade, tan so hai un código de corregulación que non é de obrigado cumprimento. Segundo os expertos, ese é un modelo ineficaz.

"Os nosos nenos están abandonado a dieta atlántica, están abandonando os estilos de vida tradicionais. A prevalencia de exceso de peso e obesidade é altísima. Os países mediterráneos, os países do sur de Europa é moito máis alto que os países do norte. Os alimentos que deberían estar no vértice da pirámide non poden ser publicitados como se ningún risco en horarios escolares, en horarios de nenos e de adolescentes que son grupos vulnerables", engadiu.

España é un dos países da Unión Europea nos que a taxa de risco de pobreza infantil e a de obesidade amosan unha correlación máis alta coa malnutrición e o exceso de peso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade