Publicador de contidos
Publicador de contidos

O cancro superou as enfermidades cardiovasculares como causa de morte en España

O cancro superou as enfermidades cardiovasculares como causa de morte en España

A obesidade é un perigo que vai a máis nas sociedades occidentais

O doctor Antonio Pose falou no 'Bos días' das causas de morte en España
G24.gal 29/06/2024 16:28

Os datos estatísticos oficiais son contundentes. A primeira causa de morte das máis de 430.000 persoas falecidas en España durante 2023 foi o cancro, relegando ao segundo posto ás mortes relacionadas coas enfermidades cardiovasculares.

O cambio puido deberse á melloría dos hábitos de saúde da xente

Os especialistas din que a razón deste cambio pode ser a melloría nos hábitos de saúde, segundo sinalou no programa Bos días o doutor, profesor e investigador Antonio Pose.

"Eu estou convencido de que nos coidamos máis; os factores de risco diminuíron moito, a hipertensión contrólase mellor, e cada vez hai máis hábito de facer exercicio físico desde que son rapaces ata seren moi maiores, afirmou Antonio Pose.

O doutor Pose engadiu no Bos días que unha das principais ameazas para a saúde das sociedades occidentais como a nosa, agora e nun futuro inmediato, é a obesidade:

"Penso que agora temos que centrarnos na obesidade, mantendo os demais factores de risco a raia, pero hai que atallar a obesidade, hai que mentalizar á xente do importante que é ter un peso axeitado, estar no teu peso ideal", subliñou o investigador galego

Segundo Antonio Pose, hai marxe para mellorar

Con todo, o doutor Pose é optimista, xa que considera que controlando o peso e os outros factores de risco temos marxe para mellorar.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade