Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno tacha de "burla" a negativa dos empresarios a negociar a redución de xornada

O Goberno tacha de "burla" a negativa dos empresarios a negociar a redución de xornada

Traballo, disposto a sacar adiante a reforma sen a patronal

Os sindicatos din que só faltan axustes técnicos e esperan un acordo este verán

Antón Montero 01/07/2024 20:12 Última actualización 01/07/2024 20:32

Nin CEOE nin Cepyme levaron ningunha proposta por escrito á negociación sobre redución da xornada laboral. Rexeitaron así o ultimato que hai unha semana lanzara a ministra de Traballo. O Goberno non ocultaba o seu malestar tras 6 meses de conversas.

Joaquín Pérez Rey, secretario de Estado de Traballo, cre que "o problema non é que sexa unha burla á mesa de diálogo social, cando despois de tantos meses investidos en negociacións nos atopamos con este descolgue da patronal española, senón que é unha burla democrática".

A proposta do Goberno é pasar do límite actual de 40 horas semanais a 38 e media este ano e 37 e media o que vén. Rexeitan a idea da patronal de compensar esa redución cun aumento das horas extra permitidas. Ven a CEOE presa de lastres ideolóxicos.

Os sindicatos acusan os empresarios de xogar á política.

"A CEOE está mirando polo rabo do ollo a ver se hai sorte e non conclúe a lexislatura na data prevista", interpreta o secretario xeral de UXT, Pepe Álvarez.

Para Unai Sordo, líder de CCOO, "empézanos a dar a idea de que aquí o que se pretende é demorar sine die unha negociación para ver se pasa o verán, se encalla un pouco máis a situación política".

As partes volverán verse o vindeiro luns. A intención de Goberno e sindicatos é levar o texto ao Congreso antes de que remate o verán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade