O adestramento funcional con exercicios de forza ten os seus beneficios na menopausa e o cancro
O adestramento funcional con exercicios de forza ten os seus beneficios na menopausa e o cancro
O programa é unha mestura de ximnasia deportiva, halterofilia e atletismo que se adapta a cada persoa
O exercicio físico é clave para ter unha boa saúde. Pero é aínda máis esencial en determinadas etapas da vida, como é o caso da menopausa ou en doenzas coma o cancro. O adestramento funcional con exercicios de forza ten os seus beneficios e forman parte dun estudo pioneiro que está realizando o hospital público da Coruña.
Silvia superou un cancro de mama. Cada día acode ao ximnasio do club de tenis de Oleiros á súa sesión de adestramento funcional.
O programa é unha mestura de ximnasia deportiva, halterofilia e atletismo que se adapta a cada persoa. Os resultados son inmediatos. A evidencia científica está contrastada.
Unha axuda fundamental en etapas da vida como é o caso da menopausa, cando a perda de hormonas deriva no envellecemento físico. Pero tamén en determinadas doenzas como a enfermidade de Crohn, a esclerose múltiple e os cancros de próstata ou de mama.
Saúde e calidade de vida que o hospital público da Coruña vai recoller nun estudo científico pioneiro en España.