Publicador de contidos
Publicador de contidos

Valdeorras prescribe exercicio físico mediante as receitas deportivas

Valdeorras prescribe exercicio físico mediante as receitas deportivas

Trátase dun documento para que o persoal sanitario receite exercicios personalizados nos centros deportivos municipais

Fano para combater o sedentarismo, un dos hábitos máis prexudiciais da sociedade actual

G24.gal 25/10/2024 13:39

A receita deportiva é un documento en que se anota a prescrición sanitaria en canto a hábitos de vida saudables. A receita varía de nenos a adultos e adáptase ás circunstancias concretas de cada paciente.

Gema Rodríguez, enfermeira do centro de saúde do Barco: "Un paciente que está con dor de xeonllo, non pode facer exercicio de impacto, pero é preciso que se manteña activo. Podémoslle recomendar natación".

Sae da coordinación entre o Concello do Barco e o Sergas. Nela figuran todas as ofertas deportivas da zona, desde a piscina climatizada ás escolas deportivas municipais, os camiños escolares ou a ruta do malecón, a carón do río Sil.

Kissy Torres, técnica de Deportes do Concello do Barco: "Unha distancia dun quilómetro e medio, moi sinxelo, fácil de facer".

Tamén colaboran os colectivos de atención ao paciente, como a Asociación Española contra o Cancro.
 

Sedentarismo

Segundo os datos do Ministerio de Sanidade, de catro a cinco millóns de mortes ao ano, a nivel mundial, están relacionadas co sedentarismo da sociedade actual.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade