Dar 8.000 pasos ao día reduce o risco de morte prematura
Dar 8.000 pasos ao día reduce o risco de morte prematura
Camiñar libera endorfinas, mellora o corazón, fortalece o sistema inmune, reduce graxas
Dos beneficios que ten camiñar na saúde non hai dúbidas. Pero pode habelas no canto e como. Os estudos coinciden en que eses beneficios chegan por baixo dos dez mil pasos.
Para reducir o risco de morte prematura a Sociedade Europea de Cardioloxía calculou 4.000, pero engadía... se é máis mellor.
E ese máis está no obxectivo que marca nunha investigación internacional a Universidade de Granada, logo de analizar datos de 12 estudos de todo o mundo: oito mil pasos 6,4 quilómetros diarios.
Di que o é para a maior parte dos beneficios e a maior parte das persoas e que pode probalo cientificamente.
Camiñar libera endorfinas, mellora o corazón, fortalece o sistema inmune, reduce graxas. E se é rápido mellor.
Mesmo en persoas que fan pouco exercicio, di este estudo que cada cincocentos pasos melloran a súa saúde.