Retrocede a obesidade infantil, pero cébase coas familias máis vulnerables
Retrocede a obesidade infantil, pero cébase coas familias máis vulnerables
Un de cada tres nenos ten obesidade ou exceso de peso
Só o 45 % dos escolares toma froita a diario e menos dun 24 % consome verduras con regularidade. Estes hábitos son peores nas familias de ingresos baixos.
Un de cada tres nenos, entre 6 e 9 anos, ten obesidade ou exceso de peso.
"A maioría dos pequenos a comida que máis lles gusta son a pasta, as patacas fritidas ou os ovos", explica unha nai.
A taxa de obesidade infantil baixou un 4,5 por cento, pero esa mellora non se percibe nas familias con menos renda.
"Involúcrannos a comer produtos que non debemos, como os doces", comenta un pai. Unha nai engade que "tamén depende do peto de cada un".
En xeral, os nenos almorzan mal, consomen pouca froita e verdura e abusan dos refrescos con azucre.
"Os produtos artificiais e procesados teñen sabores sedutores que ao final están feitos para iso", asegura un pai.
A maioría das familias tratan de darlles unha dieta equilibrada.
"Si vexo que a semana pasada comeron máis pasta ou arroz, pois esta semana máis verdura e pescado", explica unha nai.
Pero os expertos valoran máis os hábitos....
"A obesidade é un problema multifactorial e non todo se pode arranxar cunha dieta, a dieta so serve para perder peso", explica Fernando Aceiro, médico nutricionista.
Inflúen as condicións de vida das familias, o prezo dos alimentos ou como os cociñamos.
"Que os nenos teñan alternativas coma os adultos, cociñar san pero tamén saboroso, o que chamamos saudoso", engade Fernando Aceiro.
Os datos do último informe sobre obesidade infantil, o estudo Aladino, recolléronse entre máis de 12.000 escolares de 300 colexios.