Os produtos de tempada son máis nutritivos e fomentan a ecoloxía e a economía locais
Os produtos de tempada son máis nutritivos e fomentan a ecoloxía e a economía locais
Ao non precisaren ser refrixerados nin envasados con conservantes, manteñen todas as súas propiedades nutritivas e organolépticas
Os produtores de proximidade garanten a entrega inmediata do alimento, ao tempo que fomentan a economía circular
Verzas, cabazas ou nabizas ocupan agora os primeiros postos nos escaparates das froiterías. É o que o campo produce nesta época.
Os produtos de tempada requiren menos aditivos para se conservar, polo que non se vén alteradas as súas propiedades nutritivas.
"Teñen os nutrientes más acaídos en cada momento, porque non se perden por condicións de conservación, proceso en que sempre se degradan azucres e van perdéndose os minerais que posúen. E logo por razóns de calidade nutritiva, evidentemente", sinala Antonio Iglesias, médico nutricionista.
É saudable para o organismo e tamén para a economía local. O idóneo é tirar dos produtores de proximidade.
"Teño agricultores de proximidade que en dous días póñenme as verduras na tenda, aptas para o consumo", sinala Rafael Ullán, tendeiro de produtos ecolóxicos en Ourense.
Porque co tempo chuvioso e frío o que apetece e, xa que logo, predomina na gastronomía de tempada, son pratos quentes con toda esa materia prima.
"Normalmente agora apetécenos máis pratos quentes, con verduras, caldos, purés ou cremas que en verán, ao non facer frío, xa prescindimos deles. Así que o tempo xa nos vai condicionando a demanda dos produtos de tempada", apunta Antonio Iglesias.
Non convén, entón, romper o equilibrio da sabia natureza, que dá en cada momento o que lle pertence.