Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dez anos de prisión para a veciña de Paderne de 63 anos que asasinou o seu marido

Dez anos de prisión para a veciña de Paderne de 63 anos que asasinou o seu marido

G24.gal 29/11/2024 14:50

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña, de conformidade co veredicto do tribunal do xurado, condenou, como autora dun delito de asasinato consumado, concorrendo unha eximente incompleta de actuar por mor dunha alteración psíquica, á pena de dez anos de prisión á muller que matou o seu marido no municipio coruñés de Paderne.

O xurado considerou acreditado que, con ánimo de causarlle a morte, golpeou ao seu marido cun raño ou similar cando estaba a durmir ou descansando e desprevido na cama dunha das habitacións da vivenda familiar. Nesa situación, segundo entendeu probado, "o agredido non tiña posibilidade de defenderse, o que foi aproveitado pola autora para asegurar o resultado de morte pretendido".

Ademais, consideraron acreditado que a acusada padecía un trastorno bipolar e un trastorno da personalidade, que provocaban unha diminución relevante das súas capacidades mentais.

No momento de executar os feitos, segundo consta na sentenza, "mantiña a capacidade de comprensión das súas accións, pero tiña reducida de forma apreciable a súa capacidade de control de impulsos debido a aquelas afeccións mentais, a non seguir o tratamento e ao consumo de alcol nesas circunstancias".

Por eses motivos, o xurado concluíu que "non chegou, a pesar de querer e coñecer o seu alcance, a valorar de forma suficiente os resultados e consecuencias prexudiciais da súa acción por falta de análise e reflexión, deixándose levar polo seu propio impulso".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade