Dez anos sen Vanessa Lage
Dez anos sen Vanessa Lage
A súa morte marcou un antes e un despois na prevención de riscos laborais
Hoxe fai dez anos da morte de Vanessa Lage, a policía nacional asasinada no atraco a un banco de Vigo, poñendo en evidencia a necesidade de dotar á totalidade dos axentes en España dun chaleco antibalas, unha protección que non levaba.
A súa morte marcou un antes e un despois na prevención de riscos laborais, pero os sindicatos policiais seguen demandando máis medidas.
O caso conmocionou a sociedade e evidenciou a necesidade de dotar todos os axentes deste elemento de seguridade. A morte de Vanesa fixo máis fortes as reivindicacións policiais que deron o seu froito.
"Oxalá non teñamos que volver pór un tráxico falecemento sobre a mesa para que nos fagan caso", expresa Vanessa Oulego, Voceira do Sindicato Unificado de Policía.
Foi un antes e un despois, pero seguen reclamando medios que garantan a súa seguridade.
"Hai un montón de compañeiros (...) que aínda non temos o noso chaleco de dotación individual. (...) Se morrer nas rúas da túa cidade non é un risco... Somos profesión de risco e necesitamos que se nos recoñeza", engade.
Hai dez anos despedían entre aplausos a súa compañeira. Hoxe lembrárona nun acto íntimo que se celebrou na comisaría de Vigo.