Publicador de contidos
Publicador de contidos

Adían o xuízo contra os ocupantes do edificio ardido en Vigo onde morreran catro persoas

Adían o xuízo contra os ocupantes do edificio ardido en Vigo onde morreran catro persoas

Ao faltar dous avogados e varios acusados acordouse como nova data o próximo 1 de abril

G24.gal 28/11/2024 14:11

O xuízo previsto para este xoves en instrución cinco de Vigo tivo que ser adiado para o vindeiro 1 de abril, porque faltaban dous dos 25 letrados da defensa e varios acusados.

Algúns dos avogados apuntaron que foron notificados hai tres días hábiles polo que algún deles xa tiña outro xuízo previsto.

Antes de confirmar o aprazamento, a Fiscalía propuña un acordo consistente nunha multa de 180 euros para cada acusado, algo que moitos deles van rexeitar pola preferencia a que se realice o xuízo.

Acusados e letrados criticaron a falta de empatía dos propietarios do inmoble logo do trauma vivido, cando a propiedade xa está dispoñendo do edificio. Moitos deles non poderán facer fronte a esa multa e tamén conminaron a que se investigue ben a orixe do incendio.

A investigación levouna o Xulgado de Instrución número un de Vigo que acordou o arquivo da causa por considerar probado que o incendio foi provocado por unha sobrecarga no cadro eléctrico.

O incendio no número 6 de Afonso X o Sabio de Vigo foi o 11 de outubro de 2023, nel morreron tres cativos e a súa nai. Entre os agora acusados hai familiares dos falecidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade