Estratexia de solo residencial, por Venancio Salcines
OPINIÓN
Estratexia de solo residencial, por Venancio Salcines
O mercado da vivenda en España ten a súa primeira deficiencia na oferta, esta é ríxida. O país crece e a ela cústalle, e moito, seguirlle o ritmo. As causas divídense en dous grandes eixes: estimular tanto a construción como a saída ao mercado da vivenda baleira.
Para isto último temos que traballar nun novo marco legal e fiscal que apodere o propietario e lle conceda beneficios fiscais. Esta é tarefa do Estado, aí teñen as competencias. No marco autonómico, a loita está no primeiro eido, o estímulo á construción.
Polo tanto, o camiño a percorrer é vivenda publica pero tamén loitar contra a falta de solo e contra a inmensa burocracia a que someten aos promotores. É evidente que traballar sobre estes dous eidos non chega, pero se non abordamos estes dous problemas tampouco chegamos. É o que se di a condición necesaria pero non suficiente. Neste campo é onde se sitúa a Estratexia Galega de Solo Residencial, no solo e na burocracia, polo tanto vai defender, e de feito moi positivo, as competencias autonómicas no ámbito da vivenda.