Publicador de contidos
Publicador de contidos

Planas felicítase porque a frota galega poida en 2025 volver pescar bacallau en augas de Terranova

Planas felicítase porque a frota galega poida en 2025 volver pescar bacallau en augas de Terranova

Será posible logo de 32 anos de moratoria e logo de confirmarse o proceso de recuperación na zona

G24.gal 27/11/2024 18:27

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, celebrou este mércores no Congreso que a frota galega volva o próximo ano a poder pescar bacallau nas augas internacionais de Terranova, próximas a Canadá.

Foi en setembro deste ano cando se acordou na 46ª reunión anual da Organización de Pesqueiras do Atlántico Norte (NAFO) que a frota española aaumente as súas posibilidades de captura de bacallau en augas de Terranova para o 2025, autorizando a pesca de bacallau na división 3L, que se corresponde coa porción norte en augas internacionais dos Grandes Bancos de Terranova, tras 32 anos de moratoria e confirmarse o seu proceso de recuperación.

E hoxe, Planas fixo fincapé nesa "excelente noticia, en particular para a frota galega", durante a sesión de control ao Goberno.

"Hai 32 anos que a frota galega non está presente nas augas internacionais de Terranova e por primeira vez no ano 2025 poderase pescar bacallau nas augas de Terranova, porque poderá volver a frota galega en particular", recalcou.

Ademais, asegurou que vai facer "todo o posible e imposible" para defender os intereses da frota española, ante a pregunta do deputado do BNG Néstor Rego de se o Goberno está disposto a vetar calquera decisión comunitaria que implique a redución das cotas de pesca para a frota galega.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade