O Goberno galego trasládalle ao futuro comisario de Pesca a vontade de traballar conxuntamente co Executivo comunitario
O Goberno galego trasládalle ao futuro comisario de Pesca a vontade de traballar conxuntamente co Executivo comunitario
O Goberno galego trasládalle ao futuro comisario de Pesca a vontade de traballar conxuntamente co Executivo comunitario
O conselleiro do Mar convidou o que será o seu homónimo na UE a visitar Galicia para coñecer a cadea mar-industria e o traballo dos centros de investigación mariña
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, mantivo o seu primeiro encontro informal de traballo por videoconferencia co candidato a novo comisario de Pesca e Océanos, o chipriota Costas Kadis, a quen convidou a visitar Galicia, principal rexión pesqueira de Europa, para coñecer de primeira man a realidade da cadea mar-industria galega e o traballo dos centros de investigación mariña.
Neste encontro telemático, Villares trasladou a Kadis a vontade do Goberno galego de traballar conxuntamente xunto ao Executivo comunitario neste novo mandato no impulso e desenvolvemento da Política Pesqueira Común.
Segundo informa a Xunta, Alfonso Villares e Costas Kadis intercambiaron impresións sobre a situación actual do sector no continente e da frota galega. O responsable autonómico destacou a necesidade de avanzar no 'level playing field' para que as frotas comunitarias operen en igualdade de condicións coas de terceiros países. Unha circunstancia, que, dixo o conselleiro, permitiría reforzar a soberanía alimentaria do continente, en liña coa folla de ruta anunciada pola presidenta da Comisión.