Publicador de contidos
Publicador de contidos

A contaminación, a pesca indiscriminada e o clima son factores de risco para o futuro dos océanos

A contaminación, a pesca indiscriminada e o clima son factores de risco para o futuro dos océanos

A sostibilidade global tamén preocupa, e moito, dentro do sector dos produtos do mar. Pescadores, industria e centíficos reúnense estes días en Vigo para debater sobre o seu futuro, onde o cambio climático xogará un papel fundamental

G24.gal 12/11/2024 14:42

Os nosos océanos son unha fonte de riqueza en estado crítico. A contaminación, a pesca indiscriminada e o clima son factores de risco para o seu futuro. 

O traballo conxunto de todos os actores que conforman este sector son fundamentais, así o expuxeron neste foro global celebrado en Vigo. A sostibilidade ecosocial é o obxectivo, tanto a nivel ambiental como de recursos. Algo que xa se está poñendo en práctica dende hai anos en Europa, con taxa de cotas para moitas especies.

Reconstruír poboacións e reconstruír tamén os investimentos pondo en marcha o denominado financiamento azul como catalizador dun sector máis sostible. 

Son moitos os retos que ten por diante e todos pasan por unha sostibilidade global que garanta a remuda xeracional para seguir sendo competitivos nun futuro ao que haberá que adaptarse.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade