Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta inicia o proceso de facilitar solo residencial para 15.000 vivendas

A Xunta inicia o proceso de facilitar solo residencial para 15.000 vivendas

Construiranse nos concellos de Vigo, A Coruña, Santiago, Pontevedra, Lugo, Arteixo e Ourense

Levaranse a cabo como PIA, proxectos de interese autonómico

G24.gal 27/11/2024 13:22

A Xunta licita este venres a redacción dos proxectos que permitirán construír máis de 15.000 vivendas en Galicia. Cun orzamento de 2,6 millóns de euros, facilitarán solo residencial para a construción en Vigo, A Coruña, Santiago, Pontevedra, Lugo, Arteixo e Ourense.

Levaranse a cabo como proxectos de interese autonómico, o que permitirá reducir os trámites administrativos para axilizar a construción de vivenda.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, apuntou que "as medidas de flexibilización permitirán reducir á metade os prazos de emisión dos informes autonómicos e  axilizarán e desburocratizarán, por exemplo, a construción e urbanización simultánea".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade