Cargando resultados...
Desaloxan a Cidade da Xustiza de Vigo tras saltar a alarma por unha persoa fumando nos baños
Desaloxan a Cidade da Xustiza de Vigo tras saltar a alarma por unha persoa fumando nos baños
Non houbo que lamentar danos, xa que foi unha falsa alarma, pero, puntualizou o TSXG, "saltou por un motivo real"
A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios
G24.gal
27/11/2024 12:50
O incidente produciuse sobre as 10.00 horas deste mércores e, segundo detallou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), foi unha persoa citada para unha declaración no Xulgado de Instrución, situado na segunda planta, a que fixo saltar a alarma.
A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios por unha persoa que estaba a fumar nos baños.
Non houbo que lamentar danos, xa que foi unha falsa alarma, pero, puntualizou o TSXG, "saltou por un motivo real".