Publicador de contidos
Publicador de contidos

Desaloxadas 24 vivendas en Redondela tras bater un coche contra unha condución de gas

Desaloxadas 24 vivendas en Redondela tras bater un coche contra unha condución de gas

Dúas horas despois e tras ventilaren, os veciños puideron volver ás súas vivendas

O accidente ocorreu contra as sete e vinte da mañá deste domingo

Zona afectada pola fuga de gas tras o impacto dun vehiculo, en Redondela
G24.gal 26/01/2025 11:42 Última actualización 26/01/2025 13:37

Sobre as 7:20 horas da mañá deste domingo producíase un accidente de tráfico na rúa José Regojo, en Redondela. O impacto provocou a rotura dunha tubaxe de gas. 

Os veciños da rúa, alarmados polo forte ruído do gas e o intenso cheiro, decidiron abandonar as súas vivendas por iniciativa propia, segundo informa o servizo de emerxencias 112 Galicia.

Foron os propios veciños os que chamaron o 112 alertando dunha fuga importante de gas. 

Os servizos de emerxencia que se mobilizaron incluíron os Bombeiros do Porriño e Vigo, o GES de Mos, o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Policía Nacional e Local, e os efectivos de Protección Civil.

Finalmente foron desaloxados dous edificios de seis plantas e doce vivendas cada un deles.

Tras controlar a fuga e ventilar os pisos afectados e a zona afectada, os veciños puideron regresar ás súas vivendas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar