Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desaloxadas varias vivendas dun edificio en Pontevedra por un incendio

Desaloxadas varias vivendas dun edificio en Pontevedra por un incendio

A orixe do lume, segundo apuntan os bombeiros, foi un televisor ou un enchufe 

Non houbo que lamentar ningún ferido

Edificio que tivo que ser desaloxado por mor do incendio
G24.gal 12/02/2025 11:11

Varias vivendas dun edificio da praza de Valentín García Escudero, preto da praza de abastos da cidade de Pontevedra, foron desaloxadas na madrugada deste mércores tras declararse un incendio.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o lume afectou un edificio de tres plantas que se iniciou arredor das 03:00 horas no primeiro, onde non se atopaba ninguén.

Pola contra, os residentes do segundo andar tiveron que ser desaloxados ao estenderse o fume a esta planta, mentres que os do terceiro deberon agardar nas súas vivendas a que os bombeiros finalizasen o seu traballo.

A rápida intervención dos bombeiros e a colaboración dos veciños permitiu que todos saíran indemnes do suceso, malia que unha persoa que se atopaba dentro do edificio sufriu unha crise de ansiedade e tivo que ser atendida polos efectivos de Urxencias Sanitarias 061 desprazados á praza de Valentín García Escudero.

A orixe do lume, segundo apuntan os bombeiros, foi un televisor ou un enchufe dunha vivenda da primeira planta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade