Publicador de contidos
Publicador de contidos

A policía identifica 65 persoas e comisa diversos tipos de drogas en varias redadas en Lugo

A policía identifica 65 persoas e comisa diversos tipos de drogas en varias redadas en Lugo

Os axentes tamén denunciaron múltiples irregularidades detectadas nos locais nocturnos

Un dos locais inspeccionados encóntrase no recinto histórico da cidade
Félix Aragunde 27/11/2024 13:05

En varios operativos desenvolvidos de xeito conxunto pola Policía Nacional e pola Policía Local de Lugo, os axentes inspeccionaron un total de catro afters. Trátase de negocios que xeran queixas veciñais de xeito habitual polas molestias ocasionadas.

Nas redadas, que se realizaron nos últimos días, foron identificadas ata 65 persoas no centro da cidade e no barrio da Milagrosa. A policía comisoulles diversos tipos de estupefacientes, como cocaína,  haxix ou drogas sintéticas.

"Dentro do plan de seguridade cidadá establecido no ocio nocturno en Lugo desenvolveuse unha operación no centro e outra na Milagrosa. Por parte da Policía Nacional, fixéronse cinco actas de incautación de drogas", relata Manuel Arias, voceiro da Comisaría de Lugo.

Ademais da posesión de drogas, os axentes tamén denunciaron múltiples irregularidades detectadas nos locais nocturnos. Entre elas, permitirlles aos clientes fumar no interior ou sacar as bebidas á rúa.

"Temos as infraccións administrativas en que incorren os negocios, que sanciona a autoridade local, e por outro lado as cometidas polos identificados con drogas, que se sancionan pola lei de seguridade cidadá", explican desde a comisaría.

Por incorreren nestas infraccións, os locais sancionados deberán aboar as correspondentes multas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade