Publicador de contidos
Publicador de contidos

Polo menos dez persoas detidas nunha operación antidroga en Arteixo

Polo menos dez persoas detidas nunha operación antidroga en Arteixo

A Garda Civil rexistrou un 'narcoedificio' en Meicende e varias vivendas máis

Operación contra o narcotráfico en Meicende (EFE/Cabalar)
G24.gal 06/11/2024 09:04 Última actualización 06/11/2024 20:39

A Garda Civil despregou un operativo de loita contra o tráfico de drogas a pequena escala no municipio de Arteixo que, polo momento, se saldou con dez persoas detidas.

Segundo avanzaron fontes policiais, a actuación tivo lugar en Meicende e, ademais das detencións, realizouse un rexistro nun 'narcoedificio'. No devandito rexistro participaron, entre outros, efectivos da unidade canina e, tal e como apuntaron fontes coñecedoras da investigación, entre o material intervido, os axentes leváronse unha catana.

A subdelegada do Goberno na provincia, María Rivas, confirmou que os rexistros se estenderon a varias vivendas e que o operativo está baixo secreto de sumario. Ata o momento non transcenderon máis datos desta actuación policial, aínda que segue aberta, e non se descartan máis arrestos.

María Rivas explicou que este dispositivo forma parte do traballo conxunto coa Policía Local, un traballo "continuado" dos últimos meses. "Somos moi conscientes da preocupación dos veciños da zona, pero como xa lles dixemos, a Garda Civil nunca baixa a garda", apuntou a subdelegada do Goberno.

Finalmente, lembrou que "este tipo de investigacións levan os seus tempos", e insistiu en que "o bo facer e a profesionalidade" deste corpo policial permite levar a cabo operacións como a desenvolvida este mércores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade