Publicador de contidos
Publicador de contidos

A campaña das ceas de Nadal arrinca cada vez máis cedo

A campaña das ceas de Nadal arrinca cada vez máis cedo

As reservas concéntranse nas fins de semana de decembro, sen excluír este mesmo mes

Félix Aragunde 06/11/2024 19:46 Última actualización 06/11/2024 20:24

Os hostaleiros de todo o país encaran a campaña das ceas de nadal, que cada ano comeza máis cedo. Aínda que este tipo de reunións se concentran nas fins de semana de mediados de decembro, este mesmo mes xa teñen reservas.

Se hai mesas dispoñibles para tantos comensais e cales son os menús ofertados. Esas son as preguntas máis frecuentes nos restaurantes en relación coas ceas de nadal.

Nicolás Vázquez, hostaleiro: "Estamos recibindo moitas chamadas xa. Incluso dende outubro, algo que nunca antes pasara, chaman para obter información. E en novembro xa se están ocupando fins de semana para ceas".

Óscar López Armesto, hostaleiro: "Estamos completos dende hai unha semana. Non era usual a finais de outubro ter tres fins de semana cubertas en época de Nadal".

José Antonio Paredes, hostaleiro: "A finais de mes xa tivemos algunha cea de empresa. Cea de nadal. Cada ano adiántase máis".

As reservas adoitan ser de entre 10 e 30 comensais. Normalmente son ceas de empresa, aínda que tamén as hai de amizades ou de antigos compañeiros.

Nicolás Vázquez, hostaleiro: "Cada vez hai máis servizos de nadal, sexa con compañeiros de empresa, con familiares ou con amigos. O que está gustando moito é xuntarse e celebrar diferentes eventos, non só a cea tradicional de empresa".

Tocante aos prezos, hai para todos os petos, con restaurantes que ofrecen menús pechados dende 25 euros e outros que mesmo poden superar os 130.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos