Publicador de contidos
Publicador de contidos

Concerto reivindicativo en Vigo para reclamar o AVE directo con Madrid por Cerdedo

Concerto reivindicativo en Vigo para reclamar o AVE directo con Madrid por Cerdedo

O acto desenvolveuse baixo o lema "Mostremos a forza de Vigo". É o primeiro dos tres concertos para esixir infraestruturas de conexión coa cidade

Os estudos sobre a viabilidade desta obra están paralizados

G24.gal 26/11/2024 20:47

Reclamar o AVE a Madrid por Cerdedo é o motivo do concerto reivindicativo que se celebrou na Porta do Sol de Vigo. Abel Caballero fixo un chamamento a colectivos e asociacións veciñais para que acudiran a esta actuación das corais polifónicas da cidade.

O acto desenvolveuse baixo o lema "Mostremos a forza de Vigo". É o primeiro dos tres concertos para esixir infraestruturas de conexión coa cidade que, segundo o alcalde, quedaron paralizadas por gobernos do PP.


O proxecto de conexión da alta velocidade entre Vigo e Ourense por Cerdedo segue acumulando atrasos.  Xa está rematado o estudo hidroxeolóxico da liña entre Barro e O Irixo. Pero o treito, de gran complexidade, precisa de máis informes técnicos que están paralizados, sen licitar pola Administración. O Ministerio de Transportes chegou a ofrecer unha nova variante menos dificultosa de construír e que no aumentaría demasiado o tempo do percorrido.

O Partido Popular pídelle o alcalde de Vigo que censure a Oscar Puente por paralizar, din, a conexión por Cerdedo.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade